sábado, 21 de enero de 2012

Fervenza no Rego da Vaca

Tiven que ir dúas tardes para sacar estas fotos, cando as montaba na casa a exposición na parte de arriba non se lebaba ben coa de abaixo.


Desde onde deixei o coche hay quince minutos a pé.

Ten 5 ou 6 metros de salto de auga, estiven tamen no veran pero levaba moi pouquiña auga. Arriba, antes de baixar hai as ruinas dun muiño, es xusto detras de onde saquei a foto hai outro, tamén en ruinas. A min gustame moito o sitio. A foto non lle fai xustiza.

Non vos recomendo a aproximación desde o río Eume, e decir, regato arriba xa que hay un par de zonas complicadas de trepar, uns 200 m de silveiral bastante espeso e as pedras escorren que da gusto. Iba de manga corta e puxen finos os brazos.
Por suposto, paseino coma un enano, pero desde aquel día lebo uns guantes de coiro deses bos, de tres euros, na mochila, ao ladiño dos obxetivos, a cámara e o trípode.

Outro día contobos porque tamen lebo unha linterna, pero iso xa e outra historia...

Cando esconda un Xeocaché este será o sitio.

Ver Fervenza Rego da Vaca en un mapa más grande