jueves, 26 de enero de 2012

Lago da Mina de As Pontes





Ver Mirador Mina de As Pontes en un mapa más grande

Mirador de Pico de Vales







Ver Mirador Pico de Vales, Monfero en un mapa más grande

sábado, 21 de enero de 2012

Contacto

jmloureiro77@gmail.com

Licencia

Indice de Fotos Por Localización

En construcción

Panorámica do Encoro do Eume


En Lagares podedes alquilar estes kaiaks, buscade no google "Kayak Eume".








Ver A Kayak Eume, Lagares en un mapa más grande

Panorámicas do Castelo de Andrade


Que pena que o castelo estea cerrado no inverno, a vista desde o cumio da torre e impresionante.







O camiño mais sinxelo para ir a ver o castelo e desde  Campolongo


Ver Ir a Castillo de Andrade en un mapa más grande

Salto da Fervenza, Río Belelle

Esta fervenza ven indicada no Mapa Topográfico Nacional(MTN).
Sacar fotos aquí e unha odisea, hai que limpar o obxetibo a cada toma



 
Desde onde se deixa o coche hay 5 minutos a pe.
No mapa inferior indicovos a ruta desde o cruce de Fene.
O tramo azul faise en coche ainda que na última parte e unha pista estreita.
O amarelo e unha senda co piso de cemento.


Ver Salto da Fervenza no río Belelle en un mapa más grande


Fervenza no Rego da Vaca

Tiven que ir dúas tardes para sacar estas fotos, cando as montaba na casa a exposición na parte de arriba non se lebaba ben coa de abaixo.


Desde onde deixei o coche hay quince minutos a pé.

Ten 5 ou 6 metros de salto de auga, estiven tamen no veran pero levaba moi pouquiña auga. Arriba, antes de baixar hai as ruinas dun muiño, es xusto detras de onde saquei a foto hai outro, tamén en ruinas. A min gustame moito o sitio. A foto non lle fai xustiza.

Non vos recomendo a aproximación desde o río Eume, e decir, regato arriba xa que hay un par de zonas complicadas de trepar, uns 200 m de silveiral bastante espeso e as pedras escorren que da gusto. Iba de manga corta e puxen finos os brazos.
Por suposto, paseino coma un enano, pero desde aquel día lebo uns guantes de coiro deses bos, de tres euros, na mochila, ao ladiño dos obxetivos, a cámara e o trípode.

Outro día contobos porque tamen lebo unha linterna, pero iso xa e outra historia...

Cando esconda un Xeocaché este será o sitio.

Ver Fervenza Rego da Vaca en un mapa más grande

jueves, 5 de enero de 2012

Cae a tarde en Ares

Retomando a subida de fotos... que ainda quedan unhas poucas do ano pasado...

As fotos estan xeoreferenciadas en panoramio, para ver onde estan tomadas podedes entrar en Panoramio/jmloureiro77.



Se mirades en panoramio, ou no Earth, a dereita desta, sacada desde unha embarcación hay unha do mesmo estilo pero bastante mellor.

Esta sin retocar, so montei o panorama. Hay algunhas mais desta tarde que valen para ver pero non son panorámicas. Subireinas mais adiante.


Ainda así non foi unha tarde de moito proveito.