jueves, 25 de agosto de 2011

Inico no Geocaching

 Merquei un GPS Garmin, o Montana 600, non e dos mais baratos pero está moi ben.
Ainda que xa sentira algo na televisión, non me decidín a mirar o que era o Geocaching ata que vin no menú do aparato a opción de buscar Geocachés.
 Pois ben o geocaching e un xogo que consiste en esconder unha caixa con "tesouros" e poñer as coordenadas en internet para que a xente a busque.
 Cando a atopas firmas no libro de rexistro e podes trocar tesouros, e dicir, se queres coller algo da caixa debes deixar algo tamén.

 O site onde hay mais caches e http://www.geocaching.com.

Hoxe non escribo mais.....

...uns dias despois.(2011/09/05) e coa "friolera" de nove caches no haber podo dicir que as ferramentas necesarias para iniciarte no geocaching son:

  • GPS
  • Mapsource ou Basecamp, progamas de Garmin para ver os mapas no PC, preparar as rutas, mete-los mapas no GPS (Gratis)
  • TopoHispania 2.3, fantástico mapa topografico de España (Gratis)
  • GSAK, excelente programa para xestiona-los GC, exportalos nun so archivo GPX, añadirlles texto, Fotos ...